miércoles, 30 de diciembre de 2009

THE CONFERENCE "DISCOVERING CANADA" BY OUR BILINGUAL STUDENTS

“ DISCOVERING CANADA”  By KAREN HANSEN

The bilingüal section of “ ROU secondary school” attended a conference on the topic above mentioned, the fith of November 2009.

We learnt about some interesting information on the country.

The Canadian flag is red and white. The red parts of the flag symbolize the two oceans, and in the middle , in the white part of the flag there is a maple leaf, which represents the country on a background of snow.
The national sport is ice hockey and the Ottawa hockey club is very popular in the country.

The players use special helmets which are called “masks”.

The population in Canada is about 35 million people. Considering how big the country is, it is not a very big population.

The climate is very extreme, very long and cold winters with plenty of snow and very short and not very hot summers.

Not many people know that some of the most important inventions of this century were discovered by Canadians ; for example, the light bulb, the cell phone, the zippo, the road yellow lines etc....

Canada has two official languages. French and English. There is a very important inmigrant population from all over the world.

Canada welcomes foreigners......
¡ VISIT CANADA!




discovering Canada

viernes, 4 de diciembre de 2009

IN MEMORIAM ALEJANDRA SOTO ALJÁN


Hoxe estamos de loito, onte soubemos da morte da alumna ALEJANDRA SOTO ALJÁN.

As estrañas circunstancias da súa desaparición e as especulacións que intentan explicar a súa morte, non nos deben importar. O tráxico é que ela xa non está na súa casa, no seu pupitre, na súa aula, á nosa beira, no noso Centro.

Dende aquí queremos enviarlle un bico forte de recordo porque era moi próxima aos compañeiros e moi querida por todos.

Alejandra chegou ao Instituto hai dous anos e esa rapaza calada e traballadora integrouse rapidamente na vida do Centro, conquistou o corazón dos compañeiros e a consideración do profesorado por ser unha rapaza estudosa, educada e respectuosa.

Sempre haberá en nós a alegría de terte coñecido e a tristura de terte perdido.
A comunidade educativa do IES República O. do Uruguai

miércoles, 28 de octubre de 2009

DISCOVERING CANADA


Maña ás 11:20 a profesora candiense Karen Hanes virá a Biblioteca para falar co alumnado da sección bilingüe sobre o seu país.


Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca esperamos as vosas reseñas e comentarios.

Estamos seguros de que disfrutaredes da súa conferencia. Non olvidedes preguntarlle todo o que vos interesa sobre Canadá.


martes, 20 de octubre de 2009

CARALLO CO ROU: O BLOG LITERARIO DE 4º DE ESO


Atención! Preparemos as mentes e os corazóns, o batallón literario de 4º da ESO comandados pola profesora Rosa Martínez hannos ferir coa súa escritura. Con eles e elas teremos experiencias, ledicias e tristuras.


Van utilizar a rede para poñer no noso coñecemento as súas creación. Teñen un blog: CARALLOCOROU no que irán colgando todas as súas obras. Están ansiosos de que deixedes os vosos comentarios, xa sabedes os blogs aliméntanse dos vosos comentarios

jueves, 24 de septiembre de 2009

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO

Dende a Biblioteca queremos desexarvos a todos e todas un bo comezo de curso. Aínda estamos a artellar o funcionamento da mesma, este ano hai variacións e non estará aberta en todo o horario lectivo. De todos xeitos tedes aberta a Biblioteca en todos os recreos, tamén está aberta as tardes do martes e do xoves, dende as 16:30 ata 18:10.
Seguimos preparando actividades e pensando algunha innovación.
Nos recreos as encargadas da Biblioteca estarán de garda para axudarvos a buscar libros, escoller unha lectura ou consultar calquera dúbida.
Queremos que as cidades, a literatura e o cine estean moi presentes neste curso.

domingo, 10 de mayo de 2009

"O COÑECEMENTO SEMPRE SUMA"

Belén regueira, presentadora na TVG do País dos ananos e na Radio Galega de Extraradio, recibeu fai uns días o premio Mestre Mateo á Mellor comunicadora.

O seu discurso ven moi a conto nestes momentos, por si tedes algunha dúbida, escoitadea. Ela sí que sabe e soubo escoller.


jueves, 23 de abril de 2009

O PROFESORADO LEMOS E DISFRUTAMOS



Pasamos o ano falando de libros e recomendándollos aos rapaces, bos ou malos lectores, pero rapaces ao fin e o cabo. Intentamos acercarnos a eles e contaxiarlles o noso interese pero chega un momento no que o que queremos é compartir con iguais o pracer da lectura. Esas reflexións sobre a idade, a soidade e os problemas que só poden comprender aos que coma ti xa levan as costas anos e experiencias.

Fartos xa de adolescentes contra o mundo, princesas ocultas na guarida dun dragón, misteriosos personaxes que axudan cando o necesitamos, grandes amores incomprendidos, rapaces e rapazas na escola ou de marcha, piratas con bos sentimentos, illas perdidas, .... ¡Queremos compartir as lecturas entre nós!
Para conmemorar o Día do Libro, non só, hoxe 23 de abril, senón todo o ano, o Equipo de Dinamización da Biblioteca proponvos aos profesores e ao persoal non docente que traiades algún libro que vos gustara. Así compartiremos ese pracer persoal, ese vicio, que de algún xeito lle mostrará aos demáis o que vivimos e sentimos.

Depositade na cesta que está na Biblioteca os vosos libros:
1.- Deben ter nome no interior para saber de quen son.
2.- Cando collades un libro, cubride a folla cos vosos datos así sempre saberemos quen está a ler o mesmo libro que nos lemos.
3.- Ao rematar devolvede o libro a cesta e riscádevos da lista.

lunes, 23 de marzo de 2009

A HORA DO PLANETA


A hora do Planeta é unha iniciativa promovida por WWF(World Wide Found for Nature ) que consiste en apagar as luces dende as 20:30 (hora local) ata as 21:30, amosando así a nosa preocupación polo cambio climático.
Trátase de chamar a atención dos líderes de 192 países que se reunirán na Conferencia da ONU sobre o cambio climático. O obxectivo é lograr un acordo acerca da continuidade do protocolo de Kioto

A hora do Planeta non remata ás 21:30. A modificación de pequenos hábitos diminúe a presión que exercemos sobre a capa de ozono, relentizando o quecemento global, por exemplo: apagar as luces, controlar a auga que usamos ao ducharnos, utilizar bombillas de baixo consumo, reciclar o lixo...

Moitas cidades españolas únense a esta iniciativa, “apagándose” edificios tan emblemáticos como o Museo Guggenheim en Bilbao, a Sagrada Familia e a Torre Agbar en Barcelona, a Porta de Alcalá, a Cibeles e o Palacio de Correos e Telecomunicacións (Sede do Concello) en Madrid, o Acueducto e a Catedral en Segovia, o Concello e o Palau da Música en Valencia e a Mezquita de Córdoba. Á iniciativa sumáronse, ademáis, empresas españolas como Coca-Cola, Telefónica, Inditex, o BBVA, o grupo Prisa . A cidade de Vigo tamén terá o seu apagón: a Praza dos cabalos, o antigo edificio da Universidade Popular, o edificio do antigo rectorado... non prenderán as súas luces nesa hora


O ESPACIO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR

O día 18 de marzo, o profesor D. Manuel Justo Gil explicoulle ao alumnado de Bacharelato cales eran as características do novo espacio europeo de educación superior, que se vai derivar do coñecido " Plan Bolonia". Faloulles, ademáis, da estructura da nova selectividade que afectará aos alumnos que aproben 2º de BAC no curso 2009-2010.

Ante o interese mostrado por este tema o profesor D.Manuel Justo deixa a vosa disposición a presentación que fixo ese día.

lunes, 16 de marzo de 2009

IN MEMORIAN: AURORA GONZÁLEZ CABALLERO


Onte morreu a nosa compañeira Aurora. Estivo connosco só dous anos pero nese tempo poidemos falar sobre a educación e a vida, sobre o que tiñamos que transmitirlle aos nosos alumnos.
Ela, que levaba moitas vivencias as súas costas, sabía da importancia de marchar do pequeno mundo onde se desenvolvía a vida dos rapaces e rapazas do noso Instituto. Insistía en que aprendesen idiomas, que aproveitasen todas as oportunidades para coñecer outros sitios, outros países, outras persoas. Desexaba que fosen competentes nas línguas, abriríalles moitas portas.

Viaxeira incansable. Estivo en moitos países, neles aprendeu a respetar as ideas e creenzas de todos e tamén a defender as súas. Viviu anos en Casablanca como profesora de matemáticas do IES Juan Ramón Jiménez.

O ano pasado voltou a Vigo, xunto a súa familia e as grandes amizades de xuventude pero o destino impediulle continuar cos seus plans.

Botarémola en falta, Aurora sempre estará no noso recordo.

viernes, 6 de marzo de 2009

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Como supoño que todos e todas sabedes o día 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller, antes denominado Día da Muller Traballadora, xa que a conmemoración deste día xurdiu como una proposta de mulleres socialista na defensa dos seus dereitos como traballadoras ao principio do século XIX en EE UU e en Europa.

Coñecer a historia das primeiras mulleres que seguiron adiante cos seus sonos, a pesares moitas veces da oposición da sociedade, axudaranos a defender a igualdade de xénero en todas as facetas da vida.

Para saber mais da Historia das Mulleres en Galicia, na biblioteca do CEIP. Milladoiro de Malpica elaboraron una WebQuest sobre este tema e coñecendo xenerosidade da encargada da mesma poñémola a vosa disposición para que traballedes.

Os vosos titores, Jose Luis e Enma vanvos axudar nesta tarefa.

Todos os/as alumnos/as de 1º da ESO que remate ben a ficha de datos e a entreguen na Biblioteca antes do 18 de marzo recibirán un agasallo



Para acceder a Webquest, preme no debuxo




A PRIVACIDADE NA REDE

Os que utilizades con frecuencia os ordenadores da Biblioteca seguro que xa nos tedes escoitado algún "discursiño" sobre os perigos na Rede, sobre que debedes ser conscientes de que todo o que colguedes en páxinas de Internet é público.



A través do Mesturas, blog da Biblioteca do IES Sánchez Cantón chéganos unha iniciativa da Axencia Vasca de Protección de Datos onde se mostran as malas prácticas e os abusos na difusión da imaxe na Rede.
Este é un exemplo do que podedes ler na páxina da que vos estamos a falar.


"Se tes un segredo que contarlle a un amigo, seguro que non o fas poñendo un anuncio no taboleiro que hai no bar ao que vas cos teus colegas..."

sábado, 28 de febrero de 2009

DON RAMONCIÑO E A MICAELA


Dez rapaces e rapazas de 1º ESO B celebraron o Entroido representando na Biblioteca o 2º lance da obra de teatro Os vellos non deben namorarse. Baixo a dirección da coordinadora do EDNL, Antía García Hermoso, fixeron rir aos seus compañeiros do primeiro ciclo da ESO coa súa magnífica actuación.
Esperamos que continuedes na senda do teatro e que poidamos disfrutar outra vez da vosa actuación.
Aqui podedes ver algunha fotografía da obra de teatro.

jueves, 19 de febrero de 2009

CRÓNICA DA VISITA DE ANXO FARIÑA

Os rapaces e rapazas que estiveron con Anxo Fariña non querían que este encontro rematase, disfrutaron, aprenderon e maravillaronse. Auí tedes a súa crónica, sinxela e sinceira. Gracias por todo, ANXO

martes, 17 de febrero de 2009

OS MEGATOXOS NA AULA DE PLÁSTICA

Maña ven Anxo Fariña a Biblioteca para ter un encontro cos rapaces e rapazas de 1º da ESO, tamén estará o alumnado de 4º ESO B e o de 4º ESO D
A profesora de Plástica, Liliana Lorenzetti, encomendoulle a os de 1º de ESO a realización dunha máscaras de Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa, os Megatoxos. A verdade é que quedaron impresionantes, xa veredes como locen na Biblioteca.
Aquí tedes unhas imaxes do proceso de creación, sei que lle van facer a competencia a Anxo fariña co seu traballo.


A EVOLUCIÓN EN IMAXES

Presentámosvos varios vídeos que están na Rede e que describen de forma condensada o proceso de evolución dende os primeiros seres vivos ata o home


Se sodes "fans" dos Simpson, aquí tedes este video con Homer de protagonista evolucionando dende o rpincipio ata o seu estado actual.

jueves, 12 de febrero de 2009

O PASAPALABRA EVOLUCIONISTA




No IES As Mariñas (Betanzos) deseñaron un pasapalabras con datos sobre a evolución, co seu permiso imos utilizalo nos tamén:
Para participar no xogo só tedes que escribir na folla de respostas a palabra que corresponda, o prazo remata o día 28 de Febreiro


Entre os acertantes sortearemos un agasallo!!!!!

miércoles, 11 de febrero de 2009

O DÍA DE DARWIN

O 12 de Febrero de 1809(hai 200anos) naceu Darwin, autor do libro A orixe das especies(publicado por primeira vez hai 150 anos). Nel inicianse as bases da teoría de evolución, que supora un cambio fundamental na forma de interpretar o cambio xenético na transformación dunha especies noutras.

Dende a Biblioteca queremos sumarnos a conmemoración deste día aportandovos información na rede sobre distintos aspectos deste científico e as súas teorías.


Breve biografía sobre Darwin: Aquí podedes saber algo mais sobre a vida deste home.
As maletas del coñecemento: Un recurso onde podemos realizar xogos sobre a Biloxía e Xeoloxía, tomando como referencia a viaxe do Beagle.
O diario do Beagle: Neste enlace podedes atopar fragmentos do diario que escribiu Darwin sobre a súa viaxe no Beagle.
Charles Darwin: Un sinxelo resumo da teoria da evolución desenvolvida por Darwin.

jueves, 5 de febrero de 2009

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º DE ESO





Hai uns días xuntámonos na Biblioteca os membros do Club de lectura do primeiro ciclo da ESO para falar da colección de realtos curtos Amor dos 15 anos, Marylin. Alí estaban: Carolina, Antia, Noelia, Issac, deivid, Lara, Raquel,Silvia, Teresa, Romina, Alba e Marlene
Falamos de moitos temas e non sempre as nosas opinións eran iguais. Carolina e mais Antia, a profesora coordenadora do club, pensaban que as películas clásicas eran fenomenais, Issac e Daivid inclinábanse polas películas de medoe se había un pouco de angue mellor que mellor. Ond houbo acordo foi en cal era o mellor relato de todos "Malos tempos para as pantasmas". Certo que non todos estivemos de acordo: Silvia pensaba que estaba moito mellor "Un templo para gatos", de feito propuña unha solución ao problema de ter tantos gatos nunha casa, mercar un can. A verdade é que non sabemos porque non se lle ocurriu esta inxeniosa idea a A. Fernández Paz.

Os rapaces non crian que poderían aparecer eses anuncios nos periódicos.

Como actividade complementaría á lectura deste libro imos visionar algunha das películas que aparecen no libro. Vai ser unha divertida sesión de cine, non olvidedes traer doces para compartir. Por favor, decídenos nos comentarios cal desas películas vos apetece ver.

Aquí tedes algunha pequena mostra.




jueves, 29 de enero de 2009

CONSPIRACIÓN POLA PAZ


  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.
  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.

Os "disparos" do IES República O. do Uruguai.


Sara e Chaima El Azzouzi len un poema do autor palestino Mamoud Darwish

Abib, o noso alumno recén chegado de Senegal le un poema de amor en Wolof
Alba Chabaud Blanco le textos realizados polos alumnos nun Centro de Secundaria en Francia. Se queredes ver a presentación xunto coa traducción pinchade aqui


Vanesa Estévez Lobaiñas le un texto da escritora alemana Anne Kronenberg. Se queredes ver a presentación xunto coa traducción pinchade aqui.


David Román Álvarez le un poema do autor grego Yannis Ritsos. Se queredes ver a presentación xunto coa traducción pinchade aquí

Cathereline Rodrígues de Oliveira e Nayla Moreno Navarro-Ferreira len o poema Ronda do soldadinho do autor portugues José Mário Branco

Tede un pouco de paciencia as presentacións tardan un pouco cargar


Para visitar todas as conspiracións


Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis

viernes, 23 de enero de 2009

MÁIS VIDEOS SOBRE A PAZ

Where Is The Love? -

martes, 20 de enero de 2009

EDUARDO BLANCO AMOR. OBRA GRÁFICA



EDUARDO BLANCO AMOR. A OLLADA DO DESEXO. Obra gráfica 1933-1973
Data
Do 13 de xaneiro ao 15 de marzo de 2009
Horario:De 10:00 a 19:00
Prezo:Entrada gratuita

De Eduardo Blanco Amor coñecemos ben a súa obra literaria pero descoñecemos a súa actividad como fotográfo.Aquí temos un bo exemplo.
Esta mostra fotográfica, de intención estética e documental, inclúe retratos (de amigos, de escritores contemporáneos, de si mesmo) e tamén instantáneas das moitas viaxes que encheron a súa vida: paisaxes e xente anónima de Marrocos, Chile, París, Nápoles ou a mesma Galicia.

lunes, 19 de enero de 2009

PAZ A TRAVÉS DA MÚSICA

O alumno Aarón Gracia, de 2º BAC C, fainos chegar este vídeo onde músicos da rúa de todas partes do mundo cantan a mesma canción, unha versión da coñecida canción "Stand by me", de Ben E. King.

Detrás deste vídeo esta o proxecto Playing for the Change, unha organización que trata de mellorar as condicións dos músicos da rúa, ademais de construír Escolas de Música en paises en vías de desenvolvemento.

sábado, 17 de enero de 2009

O BLOG DAS CIENCIAS DO MUNDO CONTEMPORÁNEO



A compañeira de Física e Química Olga Ferro, profesora da asignatura de CCMC está a elaborar un blog sobre esta asignatura, nel colaboran os alumnos e alumnas de 1º de BAC B e C. Seguro que nos han falar de temas moi interesantes.
Resulta moi estimulante ver que estamos a traballar en novos proxectos.

O seu enlace é: http://ies.republicadeuruguai.ccmc.climantica.org/

jueves, 15 de enero de 2009

CURTAS





Os nosos compañeiros do PLAMBE, (O recanto de MIK) pasáronnos estas curtas baseadas en relatos de escritores galegos (Cunqueiro, Castelao....) que nos pareceron moi divertidas.

Alistán, o demo oveiro, A xaguarana , Good nignt mon ami , A escola das areas ,

LECTURAS DE GALEGO NO 2º TRIMESTRE


miércoles, 14 de enero de 2009

SCRIPTORIUM VERBUMIENSE:"A PALABRA CONVERTIDA EN ARTE"



Esta exposición invítanos a coñecer como eran os libros antes da invención da imprenta.




Dende o S. IX, algunhas abadías e mosteiros posúen un Scriptorium, lugar onde copiaban ou creaban, decoraban e encadernaban os libros ou códices. Calígrafos, iluminadores, miniaturistas e encadernadores... en definitiva monxes copistas convertidos en artistas e os seus traballos en verdadeiras obras de arte. A difusión da imprenta a partir do S. XVI despraza á obra manuscrita, pero dalgunha maneira tamén a revaloriza, pois os libros impresos non poderían competir en detalle nin acabado coa paciente dedicación que recibían os códices no “Scriptorium”.




Lugar: Verbum. Casa das Palabras. Avd. Samil, 17. Vigo


Data da exposición:Do 18 de novembro de 2008 a xuño de 2009


Horario De 10:00 a 19:00


Entrada gratuita



martes, 13 de enero de 2009

VOAR COS LIBROS: CLUB DE LECTURA



O alumnado de Socioloxía incorpórase á iniciativa dos clubs de lectura cunha interesante obra. Pensamos que a elección é moi acertada porque trátase dun ensaio, posiblemente o gran olvidado da lectura no Instituto.

Libro proposto: Homo Videns. La sociedad teledirigida

Autor: SARTORI, G.


Profesor encargado: Xoan Currais, profesor de Filosofía e Socioloxía










viernes, 9 de enero de 2009

VOAR COS LIBROS: CLUB DE LECTURA

Noraboa a todo o profesorado que coordina os distintos clubs de lectura do IES República O. do Uruguai. O voso traballo por fomentar hábitos lectores e contribuír á creación dun clima favorable á lectura ven de ser recoñecido pola Consellería de Educación e O.U. cunha subvención para mercar os libros que se están a ler e para a realización das actividades dos propios clubs.