jueves, 18 de diciembre de 2008

GUIA DE LECTURA NADAL 2008


Dende a Biblioteca do IES República O. do Uruguai desexámosvos que pasedes un feliz Nadal con estes libros e moitos mais.

Que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender e un libro que ler.

Se queredes ver polo miúdo os libros que vos recomendamos
pincha aqui. Vinde a Biblioteca están esperando por vos.

VOAR COS LIBROS: CLUB DE LECTURA

Rematada a última reunión dos diferentes club de lectura, estaban o alumnado de 4º de ESO e o de BAC para escoller a lectura que faremos no 2º trimestre do curso.
Onte eramos tantos que decidimos dividirnos en dous grupos:

4º ESO:
Libro proposto: Sabor a chocolate
Autor: Carmona, José Carlos
Coordinadora: Mª José Lesquereux, profesora de Historia

1º e 2º de BAC
Libro proposto: Los girasoles ciegos
Autor: Méndez, Alberto
Coordinadora: Concha Fernández, profesora de Grego

A volta de vacación volveremos vernos.

Bo Nadal e boas lecturas.

sábado, 13 de diciembre de 2008

VOAR COS LIBROS: CLUB DE LECTURA


Benvidos e benvidas ao Club de Lectura de 1º e 2º de ESO. O venres eramos xa 15 na reunión.
O libro que escollemos para ler é:
Amor dos 15 anos, Marylin
Autor:Fernández Paz, Agustín.
O martes chegarán os libro, pedídeos na Biblioteca ou a Antía e Adela. Non temos exemplares para todos, tedes que ver de organizarvos para lelo. Desexamos que vos guste!

Alumnado de 4º de ESO e BAC temos a reunión para escoller o libro o mércores, 17 de decembro, no 2º recreo na Biblioteca

miércoles, 10 de diciembre de 2008

60 º ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS


O 10 de decembro de 1948, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos

Este ano celébrase esta aprobación baixo o lema “Dignidade e xustiza para todos”
Esta Declaración baséase en que todo ser humano nace con dereitos e liberdades fundamentais iguais para todos e inalienables e expresa a fe dos pobos do mundo nos dereitos humanos fundamentais e no valor e dignidade humana.

Dende a Biblioteca do IES República O. do Uruguai queremos celebrar este aniversario realizando actividades onde coñezamos como está a situación dos DD HH no mundo

ESTES DEREITOS PERTÉNCENCHE. SON OS TEUS DEREITOS. APRENDE A COÑECELOS
CONTRIBÚE A FOMENTALOS E A DEFENDELOS, NON SÓ PARA TI SENÓN TAMÉN PARA OS DEMAIS.



Este vídeo foi creado por Seth Brau para a ONG Human Rights Action Cente

domingo, 7 de diciembre de 2008

FORMACIÓN DE USUARIOS: O XOGO DA ESFINXE

Nestes días todo o alumnado está a pasar pola Biblioteca para realizar unha sinxela actividade coa finalidade de coñecer un pouco mais dela e saber onde están os libros, como se fai o préstamo,como podedes usar os ordenadores…. Despois de ver unha pequena presentación sobre a nosa Biblioteca e a as características da CDU, o alumnado que está na Biblioteca nese momento divídese en grupos de tres compoñentes é debe buscar unha serie de libros seguindo as pistas que vos da a Esfinxe

VOAR COS LIBROS: CLUB DE LECTURA




Xa foron convocadas algunhas das reunión iniciais dos club de lectura por nivel e outras están a pique de convocarse. Se non estades apuntados aínda tedes tempo, as reunións que faremos han ser moi interesantes
3º ESO.-
Libro proposto: Leonardo Da Vinci el inventor. Autor: Jon Bilbao.
Coordinadora: Margarita Pérez, profesora de Bioloxía
A semana que ven chegarán os libros, estade pendentes, xa nos reuniremos a volta do Nadal.
1º e 2º ESO.-
Coordinadora: Antía García Hermoso, profesora de L. galega
Reunión o día 12 de Decembro, no segundo recreo na Biblioteca, nesta reunión falaremos do libro que escollemos
4º ESO e BACHARELATO.-
Tede paciencia, quédanos por organizar un par de cousas e xa vos convocaremos, dende logo antes do 19 de Decembro para que levedes o libro para ler no Nadal