domingo, 24 de febrero de 2013

grúas multicolores




video


Hai xa unhas cantas semanas que paira na entrada do noso instituto unha fermosa nube de grúas multicolores elaborada por practicamente toda a comunidade educativa. Fixémola para lembrar que a paz non é cousa dun día, que require da colaboración de todos e de todas e que non pode estar fundamentada na imposición nin na forza. Cadaquén aprendeu dos que sabían a pregar o papel para dotalo de sentido; houbo  alumnos que lles aprendéron aos profes e a outros alumnos, houbo quen buscou vídeos explicativos en youtube e atopounos; no tempo que durou a materialización desta proposta colectiva  unha eclosión de prensa atrasada lista para a reciclaxe emerxeu por todos os recantos do centro e todo o mundo tivo un momento para poñerse polo labor. Felicitamos a quen tivo a iniciativa e a todos os que lle destes continuidade ata a final.

Tiráronse tantas fotos que fixo falta seleccionar para montar os vídeos. Agardo que esteades tod@s.


sábado, 23 de junio de 2012

Ler non é clandestino







Magnífica proposta dende Forcarei: animádevos! ler non é clandestino! todo o contrario, libéravos do cotián e proxéctavos en miles de mundos que hai aínda por descubrir sen necesidade de cables nin enganches tarifados por compañías telefónicas. A conexión mental está garantida.
Felicitamos ao profesorado e ao alumnado do IES Chano Piñeiro pola adaptación da conocida canción de Manu Chao, a voz e o saber facer de Anxo Fernández non lle ten nada que envexar ao cantautor francés de nai vasca e pai galego. Así que aproveitade o periodo de vacacións para mergullarvos nunha boa historia, ben montada e ben escrita. Sorte!





sábado, 16 de junio de 2012

LA FILLE QUI N'AIMAIT PAS LIRE


La cinéaste Jo Meuris propose une adaptation du livre de Manjusha Pawagi La fille qui n’aimait pas les livres. Sur fond de musique indienne, le court-métrage d’animation met en scène Meena, une petite fille qui au grand regret de ses parents,DÉTESTE les livres. Elle découvrira leur univers par hasard alors qu’elle cherchait son chat et sa vision en sera transformée.
Le court-métrage est visible sur le site de l’Office national du film :
http://www.onf.ca/film/fille_qui_detestait_livres/


viernes, 3 de febrero de 2012

Cándido Pazó - Memorias das memorias dun neno labrego - Teatro Princip...




O texto de Neira Vilas é guión da montaxe de Cándido Pazó. Onte, 2 de xaneiro, foi representado no teatro García Barbón, para o público de Vigo. Asistiron alumnos e profesores do Uruguai como actividade paralela ao clube de lectura para os máis pequenos.

Portada da 1ª edición, 1961

domingo, 22 de enero de 2012

CLUB DE LECTURA DE FRANCÉS

O 23 de novembro, o alumnado do club de lectura de francés  asistiu á representación teatral do Enfermo imaxinario de Molière nos Salesianos de Vigo.


Gustounos moito a obra xa que os actores o facían moi ben e eran moi divertidos. Rimos moito e ademais colleron a rapaces do público para actuar con eles. Ao final da representación fixémoslles preguntas e explicáronnos como prepararon o seu papel.

As nosas gargalladas debéronse principalmente ao xenio de Molière que ridiculiza aos médicos da sua época.

Aquí tedes varios enlaces para consultar a biografía do autor ou saber algo desta obra.

O curso que ven, REPETIMOS!!!

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/moliere.htm

http://www.lecturalia.com/autor/4091/moliere



Le 23 novembre 2011, les élèves du Club des lundis ont assisté au spectacle Le Malade imaginaire de Molière.

Nous avons bien aimé la pièce car les acteurs jouaient très bien et étaient très drôles. Nous avons beaucoup ri et, en plus, ils ont pris des élèves du public pour jouer avec eux. À la fin de la représentation, nous leur avons posé des questions et ils nous ont expliqué, par exemple, comment ils ont préparé leur rôle.

Nos rires étaient surtout dus au génie de Molière qui ridiculise les médecins de son époque.

Voici plusieurs liens pour que vous puissiez consulter la biographie de l’auteur ou vous renseigner au sujet de la pièce.

L’année prochaine, ON Y RETOURNE !!!

http://www.etudes-litteraires.com/moliere.php

http://www.encyclopedie-gratuite.fr/Definition/portrait/biographie-moliere.php

MOLIÈRE

martes, 10 de enero de 2012

ISAAC





Dende o IES República Oriental do Uruguai queremos rendir unha sentida homenaxe ao recén falecido Isaac Díaz Pardo. Debuxante, cartelista, pintor, deseñador e ceramista, atravesou a maior parte de todo o século XX embarcado en mil e unha tarefas contra o esquecemento da nosa lingua e da nosa cultura. De todos os labores que emprendeu ningún chama máis a nosa atención que esa colaboración magnífica con Luís Seoane para a recuperación, posta en marcha e modernización da fábrica de Sargadelos, símbolo da creación vangardista no noso país. Temos a fortuna de deixarvos este documental narrado en 1ª persoa sobre si mesmo e sobre o mundo tal e como el o viu. Para ver o documento completo pincha AQUÍ.



O PINTOR




O DEBUXANTE
E GRAVADOR



O ESCULTOR E CERAMISTA


O CARTELISTA


Neste enlace podedes ler máis sobre a Fábrica de Sargadelos.

Entrevista en que o autor repasa algunha das súas vivencias tentando dar respostas a algunhas preguntas feitas nunha canle de TV ( curiosamente a entrevistadora, nun exercicio maxistral de inadecuación , diríxese ao entrevistado nun idioma diferente ao que el usa e reivindica)


miércoles, 9 de noviembre de 2011

XA ESTAMOS ACTIVOS DE NOVO

BENVIDOS



Despois dun paréntese........ aquí estamos de novo para irvos contando o que ocorre na Biblioteca da nosa comunidade escolar.

Agradeceranse as colaboracións con novas, enlaces, materiais e todo o que queirades colgar neste blog.

Dende aquí queremos animarvos a que colaboredes.

Saúdos