Magnífica proposta dende Forcarei: animádevos! ler non é clandestino! todo o contrario, libéravos do cotián e proxéctavos en miles de mundos que hai aínda por descubrir sen necesidade de cables nin enganches tarifados por compañías telefónicas. A conexión mental está garantida.
Felicitamos ao profesorado e ao alumnado do IES Chano Piñeiro pola adaptación da conocida canción de Manu Chao, a voz e o saber facer de Anxo Fernández non lle ten nada que envexar ao cantautor francés de nai vasca e pai galego. Así que aproveitade o periodo de vacacións para mergullarvos nunha boa historia, ben montada e ben escrita. Sorte!
2 comentarios:
Moitísimas grazas por recollernos e por esas palabras tan axeitadas. Saúdos.
Grazas a vós, tendes unha bitácoras chulísimas. Quedades enlazados!
Publicar un comentario