lunes, 3 de mayo de 2010

A NOSA CONTRIBUCIÓN AO DÍA DO LIBRO 2010

O profesorado do IES Repúplica O. do Uruguai Tamén Le, aquí tedes o resultado das súas recomendacións, eles leron e disfrutaron da lectura e queren que vos sintades o mesmo. Dende a Biblioteca queremos agradecer, unha vez mais e non nos cansaremos de facelo, a súa activa participación neste proxecto.



Ademais seguindo o camiño marcado polas Bibliotecas Escolares galegas, o alumnado de 3º ESO A, co profesor Benxamín de Jorge achegounos as súas reflexión sobre Para que les?

martes, 27 de abril de 2010

CLUB DE LECTURA: UNHA REUNIÓN MOI ESPECIAL


Hoxe ás 16:30 temos unha reunión do Club de Lectura moi especial, imos xuntarnos co alumnado de 6º do Colexio de Frián para falar do libro "Lúa de Senegal" de A. Fernández Paz.
Trátase dunha novela sobre a emigración e as dificultades de adaptación a un mundo estraño para Khoedi, a rapaza senegalesa que chega coa súa familia a Vigo.
Tamén estará con nós, Abib Seck, un rapaz do noso Instituto que viviu a mesma experiencia que Khoedi o ano pasado. Poderá falarnos de cómo se sentiu os primeiros días e resolvernos calquera dúbida que teñamos sobre a súa vida en Senegal

lunes, 26 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO 2010

Un ano máis conmemoramos dende a Biblioteca do Instituto o Día Internacional do libro e os dereitos de autor, este ano facémolo dun xeito moi especial, as Bibliotecas escolares galegas facemos a mesma actividade: encher corredores, aulas e paredes dos Institutos coas reflexións de persoas coñecidas e anónimas sobre Para que les?. A única condición é responder en non mais de 140 caracteres.


A idea xurdiu da ONG galega Implicadas para o desenvolvemento, dende aí se nos propuxo implicar ao maior número de persoas para contestar a esa pregunta.


Ao mesmo tempo persoeiros das letras, do espectáculo e do deporte amosáronnos os seu libros preferidos e recomendaron aos rapaces que libros ler.Podemos dicir que Tamén len

Non podemos deixar de agradecer a Loly Lago da Biblioteca do IES de Fene e a Olga da Biblioteca do Ceip Milladoiro de Malpica o seu magnífico traballo recopilación e o definitivo impulso deste traballo.Tampouco podemos olvidar que os magníficos deseños dos carteis son obra desinteresada do extraordinario arquitecto, debuxante e ilustrador Jaime Eizaguirre Santillán


PARA QUE LES?





TAMÉN LEN

jueves, 25 de febrero de 2010

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA: VOAR COS LIBROS.

Hoxe, ás 9:20 terá lugar a reunión do Club de Lectura sobre o libro Relatos de terror (Lovecraft).
Polo que vides comentando o libro gustouvos de forma aterradora.
Para facer boca aquí tedes uns vídeos homenaxe a Lovecraft e o seu mais famoso libro OS Mitos de Cthulhu.
O grupo de heavy metal inspirouse nese libro para compoñer o tema "The Call of Ktulu" , canción instrumental do álbum Ride the Lightning.
Para continuar con esta dose de medo e de terror, maña iremos ao cine para ver “ Home lobo” protagonizado por Benicio del Toro




viernes, 29 de enero de 2010

CANCIÓNS PARA A PAZ

Un ano mais as Bibliotecas galegas xúntanse para celebrar o Día da Paz.
Nada mellor que esta montaxe que fixo Loly Lago (O Segrel do Penedo) coas cancións  que escoitamos nas nese día ao longo destes anos.
Gracias a todos e todas por compartir con nos este traballo.

viernes, 22 de enero de 2010

DECÁLOGO PARA SER LINGÜSTICAMENTE SOSTIBLES

Hoxe traémosvos un magnífico exemplo de traballo colaborativo e compartido.


As compañeiras Adelia Troncoso do IES Val do Tea (Ponteareas) e Mónica Muñoz do CEIP de Friáns( seguro que o noso alumnado de 1º da ESO saben de quen falamos) comparten con nós a traducción e montaxe deste  "Decálogo para ser lingüísticamente sostibles" elaborado no ano 2008 polas Universidades Catalanas.