lunes, 26 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO 2010

Un ano máis conmemoramos dende a Biblioteca do Instituto o Día Internacional do libro e os dereitos de autor, este ano facémolo dun xeito moi especial, as Bibliotecas escolares galegas facemos a mesma actividade: encher corredores, aulas e paredes dos Institutos coas reflexións de persoas coñecidas e anónimas sobre Para que les?. A única condición é responder en non mais de 140 caracteres.


A idea xurdiu da ONG galega Implicadas para o desenvolvemento, dende aí se nos propuxo implicar ao maior número de persoas para contestar a esa pregunta.


Ao mesmo tempo persoeiros das letras, do espectáculo e do deporte amosáronnos os seu libros preferidos e recomendaron aos rapaces que libros ler.Podemos dicir que Tamén len

Non podemos deixar de agradecer a Loly Lago da Biblioteca do IES de Fene e a Olga da Biblioteca do Ceip Milladoiro de Malpica o seu magnífico traballo recopilación e o definitivo impulso deste traballo.Tampouco podemos olvidar que os magníficos deseños dos carteis son obra desinteresada do extraordinario arquitecto, debuxante e ilustrador Jaime Eizaguirre Santillán


PARA QUE LES?





TAMÉN LEN

1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Todo este traballo non tería sentido sen esa extraordinaria resposta das bibliotecas escolares galegas e con elas dos seus amigos e usuarios. Parabéns polo voso magnífico traballo.
Apertas lectoras dende Fene