lunes, 16 de marzo de 2009

IN MEMORIAN: AURORA GONZÁLEZ CABALLERO


Onte morreu a nosa compañeira Aurora. Estivo connosco só dous anos pero nese tempo poidemos falar sobre a educación e a vida, sobre o que tiñamos que transmitirlle aos nosos alumnos.
Ela, que levaba moitas vivencias as súas costas, sabía da importancia de marchar do pequeno mundo onde se desenvolvía a vida dos rapaces e rapazas do noso Instituto. Insistía en que aprendesen idiomas, que aproveitasen todas as oportunidades para coñecer outros sitios, outros países, outras persoas. Desexaba que fosen competentes nas línguas, abriríalles moitas portas.

Viaxeira incansable. Estivo en moitos países, neles aprendeu a respetar as ideas e creenzas de todos e tamén a defender as súas. Viviu anos en Casablanca como profesora de matemáticas do IES Juan Ramón Jiménez.

O ano pasado voltou a Vigo, xunto a súa familia e as grandes amizades de xuventude pero o destino impediulle continuar cos seus plans.

Botarémola en falta, Aurora sempre estará no noso recordo.

No hay comentarios: