miércoles, 14 de enero de 2009

SCRIPTORIUM VERBUMIENSE:"A PALABRA CONVERTIDA EN ARTE"



Esta exposición invítanos a coñecer como eran os libros antes da invención da imprenta.




Dende o S. IX, algunhas abadías e mosteiros posúen un Scriptorium, lugar onde copiaban ou creaban, decoraban e encadernaban os libros ou códices. Calígrafos, iluminadores, miniaturistas e encadernadores... en definitiva monxes copistas convertidos en artistas e os seus traballos en verdadeiras obras de arte. A difusión da imprenta a partir do S. XVI despraza á obra manuscrita, pero dalgunha maneira tamén a revaloriza, pois os libros impresos non poderían competir en detalle nin acabado coa paciente dedicación que recibían os códices no “Scriptorium”.




Lugar: Verbum. Casa das Palabras. Avd. Samil, 17. Vigo


Data da exposición:Do 18 de novembro de 2008 a xuño de 2009


Horario De 10:00 a 19:00


Entrada gratuita



1 comentario:

hecuba dijo...

Moi interesante a vosa entrada, a vosa noticia. Eu, profe de latín e fervente admiradora do medievo, aproveitei para poñer no meu blog parte desa información e o mesmo video. Moitas grazas. Espero poder visitar esa exposición antes de que remate e poder relatar a miña experiencia e a dos meus alumnos. Un saudiño