Mostrando entradas con la etiqueta axenda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta axenda. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de marzo de 2009

A HORA DO PLANETA


A hora do Planeta é unha iniciativa promovida por WWF(World Wide Found for Nature ) que consiste en apagar as luces dende as 20:30 (hora local) ata as 21:30, amosando así a nosa preocupación polo cambio climático.
Trátase de chamar a atención dos líderes de 192 países que se reunirán na Conferencia da ONU sobre o cambio climático. O obxectivo é lograr un acordo acerca da continuidade do protocolo de Kioto

A hora do Planeta non remata ás 21:30. A modificación de pequenos hábitos diminúe a presión que exercemos sobre a capa de ozono, relentizando o quecemento global, por exemplo: apagar as luces, controlar a auga que usamos ao ducharnos, utilizar bombillas de baixo consumo, reciclar o lixo...

Moitas cidades españolas únense a esta iniciativa, “apagándose” edificios tan emblemáticos como o Museo Guggenheim en Bilbao, a Sagrada Familia e a Torre Agbar en Barcelona, a Porta de Alcalá, a Cibeles e o Palacio de Correos e Telecomunicacións (Sede do Concello) en Madrid, o Acueducto e a Catedral en Segovia, o Concello e o Palau da Música en Valencia e a Mezquita de Córdoba. Á iniciativa sumáronse, ademáis, empresas españolas como Coca-Cola, Telefónica, Inditex, o BBVA, o grupo Prisa . A cidade de Vigo tamén terá o seu apagón: a Praza dos cabalos, o antigo edificio da Universidade Popular, o edificio do antigo rectorado... non prenderán as súas luces nesa hora


martes, 20 de enero de 2009

EDUARDO BLANCO AMOR. OBRA GRÁFICA



EDUARDO BLANCO AMOR. A OLLADA DO DESEXO. Obra gráfica 1933-1973
Data
Do 13 de xaneiro ao 15 de marzo de 2009
Horario:De 10:00 a 19:00
Prezo:Entrada gratuita

De Eduardo Blanco Amor coñecemos ben a súa obra literaria pero descoñecemos a súa actividad como fotográfo.Aquí temos un bo exemplo.
Esta mostra fotográfica, de intención estética e documental, inclúe retratos (de amigos, de escritores contemporáneos, de si mesmo) e tamén instantáneas das moitas viaxes que encheron a súa vida: paisaxes e xente anónima de Marrocos, Chile, París, Nápoles ou a mesma Galicia.

miércoles, 14 de enero de 2009

SCRIPTORIUM VERBUMIENSE:"A PALABRA CONVERTIDA EN ARTE"



Esta exposición invítanos a coñecer como eran os libros antes da invención da imprenta.




Dende o S. IX, algunhas abadías e mosteiros posúen un Scriptorium, lugar onde copiaban ou creaban, decoraban e encadernaban os libros ou códices. Calígrafos, iluminadores, miniaturistas e encadernadores... en definitiva monxes copistas convertidos en artistas e os seus traballos en verdadeiras obras de arte. A difusión da imprenta a partir do S. XVI despraza á obra manuscrita, pero dalgunha maneira tamén a revaloriza, pois os libros impresos non poderían competir en detalle nin acabado coa paciente dedicación que recibían os códices no “Scriptorium”.




Lugar: Verbum. Casa das Palabras. Avd. Samil, 17. Vigo


Data da exposición:Do 18 de novembro de 2008 a xuño de 2009


Horario De 10:00 a 19:00


Entrada gratuita