jueves, 5 de febrero de 2009

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º DE ESO





Hai uns días xuntámonos na Biblioteca os membros do Club de lectura do primeiro ciclo da ESO para falar da colección de realtos curtos Amor dos 15 anos, Marylin. Alí estaban: Carolina, Antia, Noelia, Issac, deivid, Lara, Raquel,Silvia, Teresa, Romina, Alba e Marlene
Falamos de moitos temas e non sempre as nosas opinións eran iguais. Carolina e mais Antia, a profesora coordenadora do club, pensaban que as películas clásicas eran fenomenais, Issac e Daivid inclinábanse polas películas de medoe se había un pouco de angue mellor que mellor. Ond houbo acordo foi en cal era o mellor relato de todos "Malos tempos para as pantasmas". Certo que non todos estivemos de acordo: Silvia pensaba que estaba moito mellor "Un templo para gatos", de feito propuña unha solución ao problema de ter tantos gatos nunha casa, mercar un can. A verdade é que non sabemos porque non se lle ocurriu esta inxeniosa idea a A. Fernández Paz.

Os rapaces non crian que poderían aparecer eses anuncios nos periódicos.

Como actividade complementaría á lectura deste libro imos visionar algunha das películas que aparecen no libro. Vai ser unha divertida sesión de cine, non olvidedes traer doces para compartir. Por favor, decídenos nos comentarios cal desas películas vos apetece ver.

Aquí tedes algunha pequena mostra.




2 comentarios:

CARPE DIEM dijo...

Dubidei entre "West side history" o a dos "Hermanos Marx". Pero tampouco o sei, como a Isaac lle gustan as de medo, pois para facer un pouco de graza a dos "Hermanos Marx", pero eu votaría por "West side history". Bicos, e falta Marlene nos nomes.

biblioteca dijo...

Tes razón, Carpe Diem, xa está correxido o erro e aparece Marlene na lista de nomes.