miércoles, 28 de octubre de 2009

DISCOVERING CANADA


Maña ás 11:20 a profesora candiense Karen Hanes virá a Biblioteca para falar co alumnado da sección bilingüe sobre o seu país.


Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca esperamos as vosas reseñas e comentarios.

Estamos seguros de que disfrutaredes da súa conferencia. Non olvidedes preguntarlle todo o que vos interesa sobre Canadá.


martes, 20 de octubre de 2009

CARALLO CO ROU: O BLOG LITERARIO DE 4º DE ESO


Atención! Preparemos as mentes e os corazóns, o batallón literario de 4º da ESO comandados pola profesora Rosa Martínez hannos ferir coa súa escritura. Con eles e elas teremos experiencias, ledicias e tristuras.


Van utilizar a rede para poñer no noso coñecemento as súas creación. Teñen un blog: CARALLOCOROU no que irán colgando todas as súas obras. Están ansiosos de que deixedes os vosos comentarios, xa sabedes os blogs aliméntanse dos vosos comentarios

jueves, 24 de septiembre de 2009

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO

Dende a Biblioteca queremos desexarvos a todos e todas un bo comezo de curso. Aínda estamos a artellar o funcionamento da mesma, este ano hai variacións e non estará aberta en todo o horario lectivo. De todos xeitos tedes aberta a Biblioteca en todos os recreos, tamén está aberta as tardes do martes e do xoves, dende as 16:30 ata 18:10.
Seguimos preparando actividades e pensando algunha innovación.
Nos recreos as encargadas da Biblioteca estarán de garda para axudarvos a buscar libros, escoller unha lectura ou consultar calquera dúbida.
Queremos que as cidades, a literatura e o cine estean moi presentes neste curso.

domingo, 10 de mayo de 2009

"O COÑECEMENTO SEMPRE SUMA"

Belén regueira, presentadora na TVG do País dos ananos e na Radio Galega de Extraradio, recibeu fai uns días o premio Mestre Mateo á Mellor comunicadora.

O seu discurso ven moi a conto nestes momentos, por si tedes algunha dúbida, escoitadea. Ela sí que sabe e soubo escoller.


jueves, 23 de abril de 2009

O PROFESORADO LEMOS E DISFRUTAMOS



Pasamos o ano falando de libros e recomendándollos aos rapaces, bos ou malos lectores, pero rapaces ao fin e o cabo. Intentamos acercarnos a eles e contaxiarlles o noso interese pero chega un momento no que o que queremos é compartir con iguais o pracer da lectura. Esas reflexións sobre a idade, a soidade e os problemas que só poden comprender aos que coma ti xa levan as costas anos e experiencias.

Fartos xa de adolescentes contra o mundo, princesas ocultas na guarida dun dragón, misteriosos personaxes que axudan cando o necesitamos, grandes amores incomprendidos, rapaces e rapazas na escola ou de marcha, piratas con bos sentimentos, illas perdidas, .... ¡Queremos compartir as lecturas entre nós!
Para conmemorar o Día do Libro, non só, hoxe 23 de abril, senón todo o ano, o Equipo de Dinamización da Biblioteca proponvos aos profesores e ao persoal non docente que traiades algún libro que vos gustara. Así compartiremos ese pracer persoal, ese vicio, que de algún xeito lle mostrará aos demáis o que vivimos e sentimos.

Depositade na cesta que está na Biblioteca os vosos libros:
1.- Deben ter nome no interior para saber de quen son.
2.- Cando collades un libro, cubride a folla cos vosos datos así sempre saberemos quen está a ler o mesmo libro que nos lemos.
3.- Ao rematar devolvede o libro a cesta e riscádevos da lista.

lunes, 23 de marzo de 2009

A HORA DO PLANETA


A hora do Planeta é unha iniciativa promovida por WWF(World Wide Found for Nature ) que consiste en apagar as luces dende as 20:30 (hora local) ata as 21:30, amosando así a nosa preocupación polo cambio climático.
Trátase de chamar a atención dos líderes de 192 países que se reunirán na Conferencia da ONU sobre o cambio climático. O obxectivo é lograr un acordo acerca da continuidade do protocolo de Kioto

A hora do Planeta non remata ás 21:30. A modificación de pequenos hábitos diminúe a presión que exercemos sobre a capa de ozono, relentizando o quecemento global, por exemplo: apagar as luces, controlar a auga que usamos ao ducharnos, utilizar bombillas de baixo consumo, reciclar o lixo...

Moitas cidades españolas únense a esta iniciativa, “apagándose” edificios tan emblemáticos como o Museo Guggenheim en Bilbao, a Sagrada Familia e a Torre Agbar en Barcelona, a Porta de Alcalá, a Cibeles e o Palacio de Correos e Telecomunicacións (Sede do Concello) en Madrid, o Acueducto e a Catedral en Segovia, o Concello e o Palau da Música en Valencia e a Mezquita de Córdoba. Á iniciativa sumáronse, ademáis, empresas españolas como Coca-Cola, Telefónica, Inditex, o BBVA, o grupo Prisa . A cidade de Vigo tamén terá o seu apagón: a Praza dos cabalos, o antigo edificio da Universidade Popular, o edificio do antigo rectorado... non prenderán as súas luces nesa hora


O ESPACIO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR

O día 18 de marzo, o profesor D. Manuel Justo Gil explicoulle ao alumnado de Bacharelato cales eran as características do novo espacio europeo de educación superior, que se vai derivar do coñecido " Plan Bolonia". Faloulles, ademáis, da estructura da nova selectividade que afectará aos alumnos que aproben 2º de BAC no curso 2009-2010.

Ante o interese mostrado por este tema o profesor D.Manuel Justo deixa a vosa disposición a presentación que fixo ese día.