Hoxe ás 16:30 temos unha reunión do Club de Lectura moi especial, imos xuntarnos co alumnado de 6º do Colexio de Frián para falar do libro "Lúa de Senegal" de A. Fernández Paz.
Trátase dunha novela sobre a emigración e as dificultades de adaptación a un mundo estraño para Khoedi, a rapaza senegalesa que chega coa súa familia a Vigo.
Tamén estará con nós, Abib Seck, un rapaz do noso Instituto que viviu a mesma experiencia que Khoedi o ano pasado. Poderá falarnos de cómo se sentiu os primeiros días e resolvernos calquera dúbida que teñamos sobre a súa vida en Senegal