domingo, 7 de diciembre de 2008

VOAR COS LIBROS: CLUB DE LECTURA




Xa foron convocadas algunhas das reunión iniciais dos club de lectura por nivel e outras están a pique de convocarse. Se non estades apuntados aínda tedes tempo, as reunións que faremos han ser moi interesantes
3º ESO.-
Libro proposto: Leonardo Da Vinci el inventor. Autor: Jon Bilbao.
Coordinadora: Margarita Pérez, profesora de Bioloxía
A semana que ven chegarán os libros, estade pendentes, xa nos reuniremos a volta do Nadal.
1º e 2º ESO.-
Coordinadora: Antía García Hermoso, profesora de L. galega
Reunión o día 12 de Decembro, no segundo recreo na Biblioteca, nesta reunión falaremos do libro que escollemos
4º ESO e BACHARELATO.-
Tede paciencia, quédanos por organizar un par de cousas e xa vos convocaremos, dende logo antes do 19 de Decembro para que levedes o libro para ler no Nadal

No hay comentarios: