Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2009

O PROFESORADO LEMOS E DISFRUTAMOS



Pasamos o ano falando de libros e recomendándollos aos rapaces, bos ou malos lectores, pero rapaces ao fin e o cabo. Intentamos acercarnos a eles e contaxiarlles o noso interese pero chega un momento no que o que queremos é compartir con iguais o pracer da lectura. Esas reflexións sobre a idade, a soidade e os problemas que só poden comprender aos que coma ti xa levan as costas anos e experiencias.

Fartos xa de adolescentes contra o mundo, princesas ocultas na guarida dun dragón, misteriosos personaxes que axudan cando o necesitamos, grandes amores incomprendidos, rapaces e rapazas na escola ou de marcha, piratas con bos sentimentos, illas perdidas, .... ¡Queremos compartir as lecturas entre nós!
Para conmemorar o Día do Libro, non só, hoxe 23 de abril, senón todo o ano, o Equipo de Dinamización da Biblioteca proponvos aos profesores e ao persoal non docente que traiades algún libro que vos gustara. Así compartiremos ese pracer persoal, ese vicio, que de algún xeito lle mostrará aos demáis o que vivimos e sentimos.

Depositade na cesta que está na Biblioteca os vosos libros:
1.- Deben ter nome no interior para saber de quen son.
2.- Cando collades un libro, cubride a folla cos vosos datos así sempre saberemos quen está a ler o mesmo libro que nos lemos.
3.- Ao rematar devolvede o libro a cesta e riscádevos da lista.

sábado, 28 de febrero de 2009

DON RAMONCIÑO E A MICAELA


Dez rapaces e rapazas de 1º ESO B celebraron o Entroido representando na Biblioteca o 2º lance da obra de teatro Os vellos non deben namorarse. Baixo a dirección da coordinadora do EDNL, Antía García Hermoso, fixeron rir aos seus compañeiros do primeiro ciclo da ESO coa súa magnífica actuación.
Esperamos que continuedes na senda do teatro e que poidamos disfrutar outra vez da vosa actuación.
Aqui podedes ver algunha fotografía da obra de teatro.

martes, 17 de febrero de 2009

OS MEGATOXOS NA AULA DE PLÁSTICA

Maña ven Anxo Fariña a Biblioteca para ter un encontro cos rapaces e rapazas de 1º da ESO, tamén estará o alumnado de 4º ESO B e o de 4º ESO D
A profesora de Plástica, Liliana Lorenzetti, encomendoulle a os de 1º de ESO a realización dunha máscaras de Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa, os Megatoxos. A verdade é que quedaron impresionantes, xa veredes como locen na Biblioteca.
Aquí tedes unhas imaxes do proceso de creación, sei que lle van facer a competencia a Anxo fariña co seu traballo.


jueves, 29 de enero de 2009

CONSPIRACIÓN POLA PAZ


  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.
  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.

Os "disparos" do IES República O. do Uruguai.


Sara e Chaima El Azzouzi len un poema do autor palestino Mamoud Darwish

Abib, o noso alumno recén chegado de Senegal le un poema de amor en Wolof
Alba Chabaud Blanco le textos realizados polos alumnos nun Centro de Secundaria en Francia. Se queredes ver a presentación xunto coa traducción pinchade aqui


Vanesa Estévez Lobaiñas le un texto da escritora alemana Anne Kronenberg. Se queredes ver a presentación xunto coa traducción pinchade aqui.


David Román Álvarez le un poema do autor grego Yannis Ritsos. Se queredes ver a presentación xunto coa traducción pinchade aquí

Cathereline Rodrígues de Oliveira e Nayla Moreno Navarro-Ferreira len o poema Ronda do soldadinho do autor portugues José Mário Branco

Tede un pouco de paciencia as presentacións tardan un pouco cargar


Para visitar todas as conspiracións


Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis

miércoles, 10 de diciembre de 2008

60 º ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS


O 10 de decembro de 1948, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos

Este ano celébrase esta aprobación baixo o lema “Dignidade e xustiza para todos”
Esta Declaración baséase en que todo ser humano nace con dereitos e liberdades fundamentais iguais para todos e inalienables e expresa a fe dos pobos do mundo nos dereitos humanos fundamentais e no valor e dignidade humana.

Dende a Biblioteca do IES República O. do Uruguai queremos celebrar este aniversario realizando actividades onde coñezamos como está a situación dos DD HH no mundo

ESTES DEREITOS PERTÉNCENCHE. SON OS TEUS DEREITOS. APRENDE A COÑECELOS
CONTRIBÚE A FOMENTALOS E A DEFENDELOS, NON SÓ PARA TI SENÓN TAMÉN PARA OS DEMAIS.



Este vídeo foi creado por Seth Brau para a ONG Human Rights Action Cente

domingo, 7 de diciembre de 2008

FORMACIÓN DE USUARIOS: O XOGO DA ESFINXE

Nestes días todo o alumnado está a pasar pola Biblioteca para realizar unha sinxela actividade coa finalidade de coñecer un pouco mais dela e saber onde están os libros, como se fai o préstamo,como podedes usar os ordenadores…. Despois de ver unha pequena presentación sobre a nosa Biblioteca e a as características da CDU, o alumnado que está na Biblioteca nese momento divídese en grupos de tres compoñentes é debe buscar unha serie de libros seguindo as pistas que vos da a Esfinxe